Circular e con 12 quilómetros escasos de lonxitude, este roteiro debe o seu nome ao feito de pasar por diante da casa paterna de Frei Martín Sarmiento. Percorre o fermoso val de Cerdedo, dándonos a coñecer lugares coma Lourido, Revolta, Cabenca, Meilide, Carballás e Barro que nos brindarán algunha que outra sorpresa co seu patrimonio.
Cabe destacar a ponte-calzada romana de San Antón que dá a unha capela cun cruceiro ben curioso, a capela de Santa Catalina, o predio fidalgo das Raposeiras, o campo das laudas, a capela da Nosa Señora de Loreto, a da Conceución, a de San Miguel e a impresionante igrexa de San Xoán Bautista de Cerdedo.
Todo isto a través dun denso bosque autóctono galego, antigos camiños e pintorescos sendeiros e co son de fondo das augas dos ríos Castro e Seixo. A verde será a cor por excelencia deste roteiro e tamén a auga nos camiños, xa vos aviso! Porque a pesar de que todo o camiño está limpo e “máis ou menos” sinalizado (en algúns puntos é deficiente a marcación), o#culturagalegapopular que non irán limpas serán as vosas zapatillas, nin secas! E ollo con esvarar, que conta cun par de subidiñas e baixadas un pouco complicadas con auga. O que avisa non é traidor!

