Como comprenderedes, este roteiro ben merece unha primeira parte que faga referencia á persoa á que está adicado. E é que Frei Martín Sarmiento (1695-1772) está considerado o primeiro en reivindicar o idioma galego, desvelar a identidade diferenciada do pobo galego e interpelar a consciencia histórica de Galicia, sentando as bases do galeguismo contemporáneo.
Escritor e erudito benedictino español pertencente á Ilustración, estudou artes e filosofía en Navarra e posteriormente teoloxía en Salamanca. Como mostra do seu grande interese polas línguas románicas, especialmente o galego, adicou parte do seu tempo ao estudo da etimoloxía e lingüística galega así coma á etnografía do noso país. Defendeu o estudo do galego nas escolas e tamén que este debía ser coñecido polo clero.
Entre as súas publicacións, unha delas chamou especialmente a miña atención: “Viaje a Galicia”, unha especie de diario de ruta polas nosas terras dunha viaxe que iniciou en maio de 1754. O texto está dispoñible en internet ao completo, por se quedastes coa curiosidade!
E mañá… toca a descrición do roteiro!
#natureza #galicia #sendeirismo #roteiros #PAISAXE #decaboarabo #paisaxe #calma #rutas #camiños #sendeirismogalicia #galiza #curiosidades #culturagalega #fre#cerdedocotobade #cerdedocotobadefs #cerdedocotobade
imartinsarmiento #CerdedoCotobade

