Ruta do Canelar. Versión longa. Allariz. Galicia.

Hoxe vou compartir con vós un roteiro circular que forma parte dos meus habituais, tanto por proximidade coma por beleza. Existe unha versión longa duns 10 quilómetros aproximadamente, e outra na que podedes restarlle 4 quilómetros que incrementan a dificultade non só pola distancia a percorrer senón porque parte deles son de subida 😅.
Neste roteiro que parte de Paicordeiro, poderedes descubrir antigos muíños, pintorescos sendeiros que atravesan un denso monte de carballos, e desfrutar de espectaculares vistas coma as que ofrecen a aldea de Penamá ou o castelo de San Salvador dos Penedos, aos pés do cal atopamos unhas tumbas antropomorfas.
Dicirvos tamén que a parte final desta ruta é coincidente co traxecto do Camiño de Santiago. Todo o sendeiro está limpo e perfectamente sinalizado, e aínda que conta con pendente, esta é perfectamente asumible cun pouquiño de paciencia. A maioría do mesmo decorre pola sombra, aínda que a parte máis alta é despexada, así que levade auga suficiente!
Espero que vos guste! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *