Ruta do Guerreiro. Boticas. Portugal.

Hoxe vouvos propoñer este roteiro circular de 19 quilómetros escasos de lonxitude, que parte do Parque da Natureza e Biodiversidade de Boticas, merecedor dunha visitiña en exclusiva.
Neste percorrido acompañaremos o río Beça, camiñaremos por aldeas coma a de Vilar, con moita historia as súas costas, descubriremos o castro de Outeiro Lesenho e a mámoa de Chã do Lesenho. Nos puntos máis altos teremos unha maravillosa e extensa panorámica do lugar e coñeceremos unha réplica das catro estatuas orixinais do Guerreiro Galaico que se atopan no museo nacional de arqueoloxía de Lisboa.
Todo o camiño está perfectamente limpo e sinalizado. Teño que advertirvos de que a primeira metade da ruta é practicamente subida, aínda que moi levadeira, mentras que a segunda metade é baixada.
Espero que vos guste! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *