Este percurso circular duns 7km de lonxitude, permítenos contemplar toda a fermosura do río Deva a través de antigas sendas de pescadores.
Sen apenas pendente e acompañados polas sombras de amieiros e salgueiros predominantemente, poderemos ver antigas obras hidráulicas tradicionais como canles, muíños e muros de contención.
Hai tres puntos nos que podemos atravesar as augas do Deva neste percurso: en Pontedeva, en Entrerríos e en A Ponte Ballote. Aínda que o roteiro se pode comezar en diferentes puntos, no meu caso concreto escollín a área recreativa A Ponte, onde hai lugar para estacionar, baños públicos e un merendeiro moi ben coidado. Ideal para repoñer forzas ao finalizar o camiño!
O roteiro é moi sinxelo, sen apenas desnivel, perfectamente sinalizado e limpo. Ideal para días calurosos. E en caso de que se vos quede curto pode ampliarse coa Ruta do Monte de San Xusto PR-G 175, duns 7,5km de lonxitude, e da que vos falarei mañá
.
Espero que vos guste! A min encantoume! 






















