Este roteiro circular de pouco máis de 18 quilómetros de lonxitude, parte de Baños de Molgas, lugar que xa merece unha visitiña propia. Dende aquí levaranos por camiños entre fermosas carballeiras e outras veces á caron das augas do Arnoia para descubrirnos as aldeas de Ponte Ambía de Abaixo, A Acea, Fondodevila, Santa Eufemía de Ambía, Nocelo, Bouzas e Formigoso.
A pesar da súa lonxitude, carece de dificultade técnica e tamén de grandes desniveis. O camiño está limpo e a sinalización é mellorable nalgún punto concreto aínda que no xeral está toda marcada. Espero que vos guste! 

