Ruta dos Muíños da Freixa. Concello de Poio

Entre os numerosos atractivos deste concello, atópase un pequeno roteiro de dous kilómetros escasos entre ida e volta (é lineal) no que podemos apreciar sete fermosos muíños.
Na parte final do regato da Cancela, sen apenas desnivel algún, atopamos por orde o muíño de Abaixo, o da Outra Banda, o do Medio, o de Arriba, o da Bufa, o da Gramalla e o do Casanova.
E se queremos alongar o paseo, podemos enlazar este roteiro co Sendeiro Litoral de Poio, de 9,8km circulares, e cunhas fermosas vistas á enseada da Reiboa-A Seca e á Illa de Tambo. Tamén é un lugar espectacular para o avistamento de aves 🧐
Espero que vos guste! 😍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *