Ruta dos Muíños de Samieira. Concello de Poio

Paralelo ao regato Rego dos Muíños, tamén denominado Río Freiría, vai este roteiro lineal duns dous kilómetros e medio ida e volta.
No seu percurso lévanos a coñecer 23 muíños hidráulicos, algúns dos cales están restaurados, así como á Fonte das Mulleres e ao lugar da lenda das campás.
Di esta lenda que cando os mouros invadiron Galicia, roubaron as campás da Catedral de Santiago. Un bo día, as vacas dun pastor da zona que pastaban preto do río, ao tirar dunha rama, fixeron que se sentira un son coma o repenicar dunhas campás que resultaron ser as da Catedral. Como agasallo, din que os veciños recibiron as campás que sustituíran durante ese tempo ás roubadas e que forman parte hoxe en día da Igrexa Parroquial de Santa María de Samieira.
Partindo da praza de Samieira, se collemos cara abaixo veremos o muíño número 1, a Fonte das Mulleres e o lugar da lenda das campás. E se collemos cara arriba os outros 22 muíños restantes a través dun fermoso bosque.
Perfectamente sinalizada e sen un gran desnivel nin dificultade técnica é unha ruta apta para todos os públicos. Iso si, ollo en épocas de choivas xa que pode resultar especialmente esvaradía en algúns puntos. É recomendable para días de sol e calor xa que hai sombra todo o camiño 😎.
Non dubidedes en facela se estades polas cercanías! 🙌

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *