Ruta Norte. Portugal

Tras compartir con vós a miña experiencia pola estrada N2, atravesando Portugal polo interior de Chaves a Faro, deixei caer que xa tiña outra ruta en mente para levar a cabo. Pois ben, hoxe vouvos contar un pouco máis.
Como a climatoloxía no norte non sempre é favorable para facer longas camiñadas, e menos para alguén tan frioleiro coma min, atopei investigando esta proposta de 777 quilómetros de estrada a través de 35 municipios no norte do país veciño.
Cun percorrido circular a través das estradas nacionais 103, 13, 222, 221 e 218, permitiranos coñecer as rexións de Minho, Trás-os-Montes, Douro e Porto máis polo miúdo. Moitos dos lugares polos que pasa xa os coñezo, pero como sempre digo, cada vez que volto ao mesmo sitio, remato descubrindo algo novo!
Polo momento xa teño o libro nas miñas mans, a ilusión e a primeira excursión para compartir con vós en breve!
Acompañádesme? 🤗
*Déixovos un enlace á páxina da ruta por se queredes vela máis polo miúdo:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *