A orixe da tradicional rapa das bestas da aldea de Sabucedo remóntase a unha gran peste da segunda metade do século XVI. Esta levou a dúas irmáns solteiras a afastarse do pobo e ofrecerlle a San Lourenzo, patrón do mesmo, dúas bestas da súa propiedade se as defendía de tal enfermidade.
Pasada a peste, estas cumpriron a súa parte do trato e entregaron ao párroco as dúas bestas que foron ceibadas ao monte. E pouco a pouco a “familia” foi medrando chegando a ser tan importante que a xente do pobo decidiu baixalas unha vez ao ano para rapalas. E é dende entón que os veciños nunca deixaron de coidar e mirar polas súas queridas bestas.
A primeira fin de semana de xullo xeralmente, báixanse as bestas e procédese ao cortado das crinas, desparasitación e marcado das mesmas no curro.
Aínda que a festa se leva a cabo este ano do 5 ao 8 de xullo, con tan só camiñar pola aldea podemos achegarnos ao sentimento que alí existe.
Espero que podades aprecialo a través destas imaxes! 



















