Este pobo ten tras de sí unha triste historia. Agora mesmo ten como única habitante a unha muller que, polo pouco que sei dela, ten que ter un gran corazón.
Pese ao estado ruinoso no que se atopa e ao sucedido aló tempo atrás, tan pronto te vas achegando ao pobo es invadido por unha paz e tranquilidade que poucas veces sentín antes. A natureza en estado puro, a paisaxe, o silencio, o paso do tempo reflexado nas súas casas… resulta indescriptible 











