Con un gran número de devotos e tamén de visitantes atraídos polas historias de curacións milagrosas e exorcismos, este santuario foi construído en 1804 e recibe o nome dun soldado romano que foi sacrificado, xunto coa súa muller e tres fillos, pola súa negativa a renunciar a fé cristiana. O seu corpo foi sepultado no cemiterio de San Calixto, en Roma.
Todo neste lugar sorprende, cada pequeno detalle, asegúrovolo! Pero tal vez o máis impactante é que aínda a día de hoxe se levan a cabo na súa sacristía exorcismos polo pai José Luis Portela Trigo con relativa frecuencia.
Hei de dicir que o Santuario en sí ten para unha boa visitiña. Conta cun refuxio para peregrinos, unha fermosa zona de esparcemento, un lugar para o recollemento e o silencio, un museo, unha fermosa fonte e un espectacular cruceiro entre outros atractivos.
Recoméndovos que leades o texto da primeira fotografía
.
Espero que vos guste! 



























