Roteiro duns 17km nos que coexisten anchos camiños de terra, con finiños sendeiros apenas visibles.
É un paseo moi agradable, ben limpo e sinalizado e sen gran dificultade máis aló da distancia a percorrer e un boi malhumorado que me custou 3km a maiores
(fixen 20km en total).
Cruzan o río varias pontes e poldras ben pintorescas en diferentes puntos. Desviándonos uns 400m de ida e outro tanto de volta visitaremos a fervenza do Pozo Machado, moi recomendable.
Durante toda a senda hai muíños a moreas e ao final do traxecto de ida atopamos o Monte da Cidade. O roteiro é circular e comezamos e rematamos na igrexa de San Salvador de Xunqueiras, que tamén ten unha visitiña. Ao carón da igrexa hai unha casa antiga impresionante.

















