Senda do Arenteiro PR-G 79

Como vos dicía o outro día, un dos primeiros puntos de interese que visitamos neste sendeiro, con saída no Parque Municipal do Carballiño, é a Pena dos Namorados. Aquí vos deixo esta canción que espero que vos guste!
CANCIÓN DA PENA DOS NAMORADOS
Vello Mesego pagano:
ti gardas a tradición
de dificar o humano
e humanizar a paixón.
Hai un escuro misterio,
unha fe ben verdadeira:
ina Pena dos Namorados,
na Pena Namoradeira..!
A Pena dos namorados:
¡un penedo moi ergueito
e os desexos alampados
que nos abrasan o peito!
A Pena dos Namorados
é cantería moi forte:
¡está decindo que o amor
remata vencendo á morte!
Manuel María
Cantigueiro de Orcellón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *