Senda fluvial do Río Grañal

Con 3,4km de percorrido (o dobre se o facemos ida e volta), este fermoso roteiro ten comezo no muíño de Tarreirigo e remate no muíño de Pontepedriña. Pero ao longo da beira do río poderemos apreciar outras xoias coma o muíño de A Boadela ou os muíños de Laioso.
Estes muíños están en bo estado de conservación e parece ser que algún deles aínda está en funcionamento. O camiño está perfectamente sinalizado, limpo e ofrécenos unha fermosa paisaxe de outono.
A pesar das choivas das derradeiras semanas estaba transitable en toda a súa extensión.
Un imprescindible no concello de Esgos e se se está preto tamén ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *