Ahí vou con este fermoso paseo pola beira do río Troncoso, afluente do Miño e fronteira natural entre os concellos de Padrenda e a Cámara Municipal de Melgaço. Este sendeiro ten unha lonxitude de ida de 2,8 quilómetros e une as localidades de Frieira e Pontebarxas, a través das fermosas paisaxes que nos deixan as augas do Troncoso e de diversos muíños que atoparemos nas súas beiras.
Aínda que se pode ir e voltar polo mesmo camiño, como eu teño especial predilección polos roteiros circulares, vouvos propoñer atravesar cara Portugal á altura da ponte de Pontebarxas e facer a volta por São Gregório e Cevide, onde vos poderedes facer unha idea da importancia que tiveron estes lugares anos atrás polas súas edificacións e infraestructura, parte dela en ruínas actualmente.
Debedes ter en conta que a distancia total a percorrer é de aproximadamente 6 quilómetros e que, aínda que a senda peonil está perfectamente sinalizada, o outro tramo de volta non, aínda que non ten perda.
Encantaravos! 

