Moitos de vós seguro que xa coñecedes o paseo ás beiras do río Miño pola cidade de Ourense. Pero neste caso, partiremos dende a ponte das termas de Outariz en dirección a Untes, adentrándonos nun camiño que nada ten a ver co anterior. Será un estreito e pintoresco sendeiro o que nos levará pola beira deste caudaloso río onde, alén de poder apreciar unha aceña, tamén nos atoparemos cun par de observatorios de aves en condicións bastante mellorables.
O traxecto é lineal, co cal podedes camiñar o que gustedes. Dende a ponte ata o final do paseo hai uns cinco quilómetros, é dicir, dez en total ida e volta. Aínda que non existe sinalización, non hai perda algunha, só hai que continuar polo camiño que vai á carón do río, que está en bo estado.
E se vos gustan as termas, que mellor que rematar esta camiñada a remollo. Aínda que xusto ao final do roteiro existen tanto pozas públicas coma termas privadas, se continuades por esa mesma beira do río cara adiante, veredes que hai máis onde escoller. Déixovos un planiño para orientarvos con elas.
Espero que vos guste! 

