Circular e cuns 8 quilómetros de lonxitude, este camiño lévanos a coñecer a través dun fermoso bosque autóctono, a aldea de Saa, abandona en 1969 e hoxe en día rehabilitada. A súa entrada podemos apreciar unhas boas marcas nas rúas de pedra das rodas dos carros de outros tempos.
Polo Ruxidoiro atoparemos restos de muíños e do castro de Saa, tamén unha fermosa panorámica da Limia e coma guinda do pastel, trasladada pedra a pedra dende Saa nos anos 1950, chegaremos á igrexa de San Xoán en Vilar de Santos. Datada dos séculos XI-XII é totalmente impresionante, sen palabras. Recoméndovos invertir o tempo necesario en admirar cada pequeno detalle!
Todo o camiño está limpo e perfectamente sinalizado. Existe a opción de facer unha variante máis curta en caso de querer, ou de dividir a ruta en dous días. Encantaravos!

