Este roteiro circular do Concello de Pontecaldelas, de case 11 km de lonxitude, parte da igrexa de Santa María de Caritel. Dende ahí comeza a baixada para atravesar os Pasos da Fraga (ollo en tempada de choivas que xa doutra ocasión non puiden pasalos) e collemos dirección ao Foxo do Lobo de Laxoso.
Continuamos o percorrido cara Laxoso de Arriba, a Capela de San Xoán de Laxoso e Laxoso de Abaixo para volver a atravesar os Pasos da Fraga. Estas aldeas teñen varias casas abandonadas de gran beleza e aínda que o roteiro en sí non se mete polo medio das dúas aldeas, considero que paga a pena pararse un pouco a velas. Este último tramiño dende os pasos ata a Igrexa de Caritel é común tanto na ida coma na volta.
A sinalización é absolutamente deficiente e os sendeiros non están moi ben coidados en varios tramos. O foxo do lobo case non se ve entre os fentos e o acceso ata él é pouco menos ca por unha toxeira.














