Aquí vos deixo como proposta unha ruta circular de pouco máis de 11 quilómetros de lonxitude (ampliables até os 16 quilómetros) que abarca unha parte da antiga ruta PR-G 29, descatalogada na actualidade por falta de mantemento, que non de encanto.
A carballeira e a capela de San Xusto, o seu miradoiro, os antigos baños dos que xa vos falei en ocasións anteriores, un conxunto de muíños, varios petroglifos, aldeas coma a de Fontán ou San Xurxo de Sacos e a impoñente Ponte Nova son tan só algúns dos seus atractivos.
O camiño está aceptable excepto un par de tramos concretos nos que se dificulta un pouco. Iso sí, sinalización xa practicamente non resta ningunha, co cal se fai necesario algún tipo de apoio. Coma sempre, quédavos o meu track no Wikiloc por se pode ser de axuda. Conta cun par de subidiñas un pouco pronunciadas, polo demáis carece de grandes dificultades. E se non queredes facer o roteiro completo, existe a posibilidade de coñecer a parte máis fermosa dende o meu punto de vista con tan só 2,5 quilómetros, partindo da carballeira cara os baños e os muíños.
Xa me contaredes!

