Este roteiro circular, duns 11 quilómetros de lonxitude, parte da fermosa branda de Santo António que nos recibe coas súas construccións típicas da zona e que, anos atrás, de seguro estaba chea de vida nos meses de verán principalmente.
A ruta transcorre a través de camiños variopintos, impresionantes panorámicas e unha vexetación que, a esta altura de ano, ofrece todo un festival de cores. Por non falar dos bichiños que atoparedes ao voso paso, e é que de algún sitio lle ten que vir o nome ao roteiro! Pero cabalos e poldros non van ser os únicos animaliños, case vos podo garantizar que algunha vaquiña haberá e, se tedes sorte coma foi o meu caso hoxe, un can guía que vos acompañará na camiñada.
Todo o camiño está limpo e perfectamente sinalizado pero vou facer dous avisos que considero necesarios. A ruta comeza cun descenso paulatino que se vai acentuando cada vez máis e remata cunha subida moi considerable. E a súa altitude máxima supera os 1100 metros, co cal a climatoloxía é cambiante, sendo habitual o frío e o vento! Así que ide preparados!
Espero que vos guste! 

