Ahí vos vai unha ruta curtiña pero de gran beleza, na que a vexetación é abundante e se non chove moito é posible que nin vos molledes boa parte dela. Tamén conta co “encanto” da Casa da Escusalla, á que non lle falta historia precisamente, e que é punto de partida deste roteiro.
Dende ela achegarémonos ao río Mao, ao longo do cal descubriremos unha serie de muíños restaurados e fermosos rápidos e pozas que debedes deixar anotadas para darvos un baño en días mellores! Faremos a volta por unha zona máis despexada, cunhas maravillosas vistas do encoro de Lindoso e o denso bosque do Parque Natural.
Cuns catro quilómetros de lonxitude, todo o camiño está en bo estado e perfectamente sinalizado. Iso sí, conta con algunha que outra subidiña para amenizarvos a camiñada
.
E xa que estades próximos, recoméndovos achegarvos ata Compostela e Ludeiros, así coma coñecer a igrexa viaxeira de San Salvador de Manín da que xa tamén vos falei
.

