Este pequeno traxecto lineal duns 3 quilómetros de lonxitude ida e volta, comunica o entorno da praia fluvial da Estación, no río Miño, coa praia fluvial de San Xoán, no río Deva.
A través dun fermoso e variado bosque autóctono, coñeceremos a ponte románica de San Xoán de Mourentán, da que xa vos falei anteriormente, as cristalinas augas que pasan rapidamente por baixo dela e o que resta dos muíños que se beneficiaban das mesmas.
Tamén pasaremos por baixo do viaducto de ferrocarril que comunica Madrid con Vigo e que leva en funcionamento dende 1881, tras dezasete anos de traballo. E xa á altura do río Miño, poderemos ver as construccións tradicionais que se empregan para a captura da lamprea.
Como vedes é un roteiro pequeniño pero con moito que ofrecer. Limpo, ben sinalizado e ideal para facer con cans como poderedes ver pola cara dos meus peludos!
Espero que vos guste! 

