Senhora da Peneda. Portugal.

Numerosos e variados son os roteiros que parten desta singular localidade, e direivos que escollades o que escollades ningún decepciona! Son dignos de visita o propio santuario da Nossa Senhora da Peneda, ao carón dunha fervenza formada polo río Peneda e baixo o afloramento rochoso da Meadinha, onde se fai escalada.
Nas súas inmediacións podedes desfrutar doutros atractivos naturais coma a lagoa da Peneda, lugar totalmente idílico, así coma as pozas que forman ao seu paso os ríos Peneda ou o da Veiga e a unión destas coas do Castro Laboreiro no punto coñecido coma “mistura das águas”.
Tamén de aldeas que conservan a súa esencia e vida co paso dos anos, São Bento do Cando, Gavieira, Rouças ou Baleiral; e das fermosas panorámicas que nos ofrece o miradoiro do Tibo, entre outros.
No propio lugar da Senhora da Peneda tedes onde comer, tomar algo e numerosas tendas que venden produtos propios e de artesanía. Vaia, que aburrir non vos ides aburrir aló! Espero que vos gusten as fotos que vos achego. Se queredes saber máis dalgún roteiro concreto, por favor, preguntade con confianza! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *