Sexta 13 de Montalegre. Portugal

Lonxe de ser símbolo da mala sorte, cada venres 13 ten unha gran acollida na localidade de Montalegre.
Un lugar no que a súa ubicación e illamento propiciaron un vínculo coa superstición e o misticismo, o cura Fontes tamén coñecido como Dom Bruxo, a queimada e a valorización da sabedoría popular e costumes polas súas xentes, foron a combinación perfecta que deu lugar a esta tradición.
Tempos atrás, en lugares coma este, non era doado atopar médicos nin menciñas polo que se recorría a remedios e crenzas populares para facilitar a sanación. De ahí a aparición da “queimada”.
Foi o cura Fontes quen colocou a Montalegre no mapa de Portugal no Congreso de Menciña Popular de Vilar de Perdizes que se celebra cada ano dende 1983. E foi a partir do ano 2002 que comezou a celebrar unha cea todos os venres 13 para un grupo restrinxido de persoas. Pero xa vedes que non quedou ahí a historia!
Resumindo moito, moito, empezou a servir a “queimada” nalgún restaurante local pero pronto se quedou pequeno o espazo. De ahí pasouse a celebración ao Mercado Municipal e despois ao Castelo que é onde ten lugar hoxe en día. Miles de persoas supersticiosas e non supersticiosas acoden cada venres 13 a desfrutar do espectáculo que aló ten lugar.
Como curiosidade direivos que, investigando na traxectoria do padre Fontes, nado en 1940, descubrín que no ano 2009 foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto, recibiu o premio Celanova Casa dos Poetas no ano 2016 e ten varios libros publicados de interesantes temáticas!
Por certo, en decembro, o día 13 é venres de novo… ahí o deixo! 😏😏😏

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *