Soajo. Caminhos do Pão e caminhos da Fé. Portugal

Como xa vos dixen en publicacións anteriores, Soajo é deses lugares aos que podes ir unha e mil veces e sempre atopa o xeito de sorprenderte.
Despois de facer a etapa da GR 50 que remata en Soajo, decidín profundizar un pouco máis e descubrín este roteiro. Conta con dúas variantes, unha curta e outra longa. A que vou descrubir é a curta, duns 5km aproximadamente, ben sinalizada e cun camiño en boas condicións.
É unha ruta sinxela que nos ofrece unha fermosa panorámica da vila, uns camiños de conto, algunha que outra caída de auga e un paseo entre muíños 😍😍.
E por se queredes refrescarvos ao rematar, suxírovos a miña nova descoberta: as cascatas Poço das Canejas. Chégase remontando o río Adrão dende a ponte que hai na estrada M530 a través dun camiño á beira do mesmo. Impresionantes ❤️.
Xa me contaredes…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *