Soajo. Parque Nacional Peneda-Gerês. Portugal.

Se fai uns días vos falaba de Lindoso e da súa colección de “espigueiros”, a maior de toda a península, hoxe vou colocar sobre o mapa Soajo, que conta cun número menor deles pero coa peculiaridade de estar construídos totalmente en granito e sobre un enorme afloramento rochoso. Alén diso, tamén presenta un enigmático “pelourinho” do século XVI e unha raza de can autóctona, o “cão sabujo da serra do Soajo”, documentada xa dende a Idade Media. Aínda que agora pertence a Arcos de Valdevez, no ano 1514 D. Manuel outorgoulle Foral e privilexios de Vila, sendo concello e abranguendo as freguesías de Ermelo e Gavieira ata as reformas liberais do século XIX.
Nos seus arredores podemos atopar todo un paraíso natural con numerosas pozas nas que refrescarnos, aproveitando as temperaturas que se aveciñan, coma é o caso do Poço Negro, o Poço das Canejas, remontando o río Adrão, ou o Poço das Mantas. Tamén parten da vila varios roteiros, entre eles o dos “caminhos do pão e caminhos da fé”, dun 5 quilómetros de lonxitude e que nos proporciona unhas vistas privilexiadas. Podedes atopar a súa descrición en publicacións anteriores. Tamén forma parte esta localidade da etapa 6 e 7 do traxecto da GR50, unindo Mezio e Lindoso.
Aquí vos quedan unhas fotiños variadas para ir facendo ganas 😍🤩!

RemasterDirector_1a5c03258

RemasterDirector_V0

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *