Hoxe volvo cruzar os lindes para falarvos de Soajo, un lugar máxico moi preto da fronteira galaico-portuguesa, que conta con múltiples encantos. Sen entrar na beleza das súas construccións e o esmero co que se coida a arquitectura tradicional, vou aproveitar a ocasión para amosarvos espigueiros, pozas e vistas.
A escasa distancia do meollo de Soajo, podemos chegar en coche practicamente ata dous fermosos espazos naturais. O Poço das Mantas e o Poço Negro. Ámbolos dous son espectaculares tanto no verán coma no inverno. Coa calor son perfectos para refrescarnos e en época de choivas para apreciar o poder, a enerxía e a forza da auga.
Preto do Poço Negro, en Cunhas, non marchedes sen achegarvos ao seu mirador que nos ofrecerá unhas inmellorables vistas dun dos meandros do río Limia.
E tamén nas aforas pero máis preto xa do centro de Soajo, nun punto alto dominado por un gran afloramento natural de granito, podemos atopar os seus espigueiros, propiedade de interese público dende 1983.
Espero que vos gusten!






