Soutelinho da Raia. “Pobos Promiscuos”. Portugal

Ahí vos vai outro dos chamados pobos promiscuos. Este é o que contaba cun maior número de habitantes no momento no que pasou a pertencer a Portugal en 1864, concretamente 90 veciños portugueses e 16 veciños españois.
A aldea en sí é unha auténtica xoia, mírese por onde se mire. Teño que recoñecer que quedei namorada do lugar! A súa arquitectura tradicional transmontana en pedra granítica, minimamente alterada ao longo do tempo, a súa igrexa barroca, a capela do Señor dos desamparados, as súas tres fontes medievais e outros tres cruceiros. Dicídeme se non vos encandilou xa soamente a descripción.
E por se fose pouco, encaramada na Serra da Panadeira, na zona de transición cara a Serra do Larouco, as panorámicas que ofrece tamén son realmente espectaculares.
Estou segura que vos encantará! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *