Este roteiro lineal de pouco máis de 6 quilómetros de lonxitude ida e volta, parte da aldea de Feás, dende onde comezaremos o noso ascenso cara o pico da Aguioncha, situado por enriba dos 1200 metros de altitude. Como vos podedes imaxinar, a primeira metade é todo subida, aínda que por bos camiños e moi levadeira. No alto dos penedos atoparemos un vértice xeodésico xunto cunha fermosa e ampla panorámica na cal podemos apreciar as Gralleiras, o encoro de Salas e numerosas aldeas próximas.
Como curiosidade, direivos que tivo lugar aló no século X unha batalla que foi considerada a “primeira guerra civil galega”. O enfrontamento tivo lugar entre Rodrigo Velázquez, o conde máis poderoso do territorio da actual Galicia, e Gonzalo Menéndez, conde de Coímbra e vencedor nesta loita.
Todo o camiño está limpo aínda que non suficientemente sinalizado. Agora mesmo hai unha gama de cores espectacular, así que non retrasedes a subida. 
#galicia #galiciamaxica #galicia_enamora #galiciacalidade #galiciamola #galiciabonita #galiza #galizacalidade #galiciahistoria #galizahistoria #galiciacuriosidades #lugarescuriosos #naturaleza #natureza #nature #naturephotography #naturezaperfeita #historia #sendeirismo #trilhos #senderismo #rutas #calvosderandin #aguioncha

