Se a última vez procedía coa descripción deste fermoso roteiro, hoxe vou adicar unha segunda entrada as súas curiosidades, que ben a merecen xa que a zona conta cunha historia de miles de anos!
Comecemos polo Castro de Altamira, onde non faltan petroglifos e gravados rupestres. Este foi obxecto dun intenso espolio e está documentado xa dende o ano 1906. Xiran en torno ao mesmo diferentes contos coma a lenda da cova, que di que existe unha comunicación entre este e a igrexa de Santa María de Taboexa a través dunha cova artificial. Construída sobre unha base románica, esta singular igrexa conta cun cemiterio con tumbas dos séculos XVIII e XIX.
A beira do castro está a Ermida de San Bartolomeu, fundada no ano 1730 e adicada a San Bartolomeu, un dos doce apóstolos de Xesús. Antigamente, os veciños subían en romaría cos seus animais, que eran ofrecidos ou poxados en beneficio do festival e onde os “croques” de San Bartomoleu eran repartidos coma símbolo de protección.
Máis enriba a capela de San Nomedio, onde se conta que tivo lugar a lendaria batalla do Monte Medulio, escenario mítico de resistencia dos pobos galaicos contra Roma e que nos agasalla a súa beira cun dos observatorios nocturnos e miradoiros do Xeodestino Condado Paradanta.
Como vedes, un lugar do máis interesante! 

