Este roteiro circular de pouco máis de 9km ten o seu punto de partida na aldea de O Fieiro. Pódese deixar o coche nunha zona de aparcamento xusto ao inicio do percurso.
Aínda que conta cunha subidiña considerable, paga moito a pena polas vistas infinitas que nos ofrece, non so da costa senón do interior tamén.
Todo o roteiro está limpo e ben sinalizado, cos principais puntos de interese ben marcados.
É imposible acceder en coche ao Miradoiro da Moa, co cal se queredes disfrutar destas privilexiadas vistas non vos queda de outra que facer perna 
.












