“Ter bicho-carpinteiro”.

Vamos aló cos venres de ditos e refráns populares. Hoxe toca unha expresión portuguesa que escoitei por primeira vez referíndose a min. Lembro perfectamente que quedei con cara de 🙄… oféndome ou dou as grazas? Tiven que preguntar polo seu significado e logo entendín que, efectivamente, era do máis apropiada no meu caso! 😁
É o equivalente ao noso “ter o formiguillo no cu”🤭! Coma nas ocasións anteriores, convídovos a participar con refráns e ditos populares que coñezades e que versen sobre esa temática! 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *