Fai pouco falábavos da Igrexa de Santo Estevo de Sandiás e recomendábavos unha visitiña ao que resta desta torre e as súas inmediacións. En tempos, a Lagoa de Antela abarcaba unha importante superficie chaira custodiada por catro torres de vixiancia ubicadas nos poucos altos que a delimitaban; a de Sandiás, a de Pena, a de Porqueira e a de Celme da que xa non queda nada.
A de Sandiás, que é a que nos ocupa hoxe, foi construída nos séculos XI-XII entre os vales formados polo Limia e o Arnoia, e o seu aspecto actual é o resultado das loitas que nela tiveron lugar. Loitas fronteirizas pola posesión do condado da Limia, loitas nobiliarias e tamén o levantamento Irmandiño.
As vistas dende a mesma son impresionantes, podendo ver os terreos que ocupaba antigamente a Lagoa de Antela e chegando ata a divisar a torre de Pena dende a mesma. As casas e construccións dos arredores tamén son dignas de mención.
Espero que vos guste!

