Considerado como o conxunto Torre-Pazo máis representativo de A Estrada e a un paso do centro da vila, pertence actualmente a mans privadas e atópase nun estado de deterioro moi avanzado desgraciadamente.
A Torre, declarada Ben de Interese Cultural, do século XII e de planta cadrada, sufriu o ataque dos irmandiños no século XV. A súa altura ronda os quince metros e adosada a esta atopamos os restos do Pazo de Guimarei, do século XVII e co Señor del Villar de Payo Muñiz, Antonio de Mosquera Novoa como primeiro residente do mesmo.
Sobre a porta principal do Pazo, un impresionante escudo no que podemos ver a inscripción “Villar”. Cuns 34 metros de lonxitude, aínda podemos apreciar no seu interior a un lado dependencias como a cociña, unha impoñente cheminea, os servizos e outras estancias. E ao outro lado o que intúo deben ser espazos para o gando.
Tamén se poden ver dentro dos límites da propiedade outras edificacións anexas que seguramente irían destinadas aos animais.
Aínda que a maleza impide ver o peche da finca completo, déixase ver un muro dunha altura importante en determinados puntos.
Unha mágoa que teñamos nestas condicións unha parte da nosa historia 

















