Tras os pasos do río Xesta. PR-G 24

Este percorrido circular duns sete quilómetros e medio, transcorre integramente no concello da Lama acompañando ao río Xesta no seu descenso cara a confluencia co Oitavén.
Ten o seu inicio na aldea de Liñares e pasa pola espectacular fervenza de Liñares, Cortegada e Paradela (aldeas que conservan o seu casarío e urbanismo tradicionais) e os muíños das Camarantas, do Codesal e do Crego a través de antigos camiños empedrados e das fermosas carballeiras do río Xesta.
É un roteiro sen gran dificultade, con camiños ben limpos, agradables e sinalizados. Ideal para días de sol. Eu fíxena fai uns meses pero despois das choivas da última tempada ten que estar aínda máis impresionante!
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *