Tras os pasos do río Xesta PR-G 24

Este roteiro circular duns sete kilómetros e medio parte do aparcadoiro da fervenza de Liñares, aínda que ao ser circular pode iniciarse noutro punto calquera da mesma se se prefire.
Está perfectamente sinalizada e os camiños están limpos e son bos de andar, excepto un pequeno tramo de preto dun kilómetro ao pasar a aldea de Paradela que está bastante pechado e resulta algo perigoso ao ser estreito e contar cunha caída a unha das beiras. De feito, comecei a ruta metendo o pé ata media perna nunha fochanca de auga 🤣. Foime fresquiño🙈.
O roteiro pasa por Liñares e a súa fermosa ponte, Cortegada, Paradela e remata na fervenza de Liñares. Ademáis de espectacular resulta o sitio perfecto para refrescarse, mollar os pés ou incluso darse un baño como broche final á camiñata.
En caso de non querer facer o roteiro enteiro, pódese visitar a fervenza deixando o coche practicamente ao lado. Ideal para días calurosos pois case todo o camiño discorre por sombra.
Espero que vos guste! ❤😎

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *