Trilho Castrejo. Castro Laboreiro. Portugal.

Este roteiro circular de pouco máis de 17 quilómetros de lonxitude, parte de Castro Laboreiro, dende onde nos dará a coñecer as inverneiras e brandas da zona, ou o que é o mesmo, os lugares de residencia da xente de aló durante os meses máis fríos e máis cálidos do ano.
Tamén nos levará por paisaxes do máis variadas coma o pantano de Ramisqueira, a carballeira do Barreiro ou unha agreste montaña chea de curiosas formacións graníticas entre as que destaca claramente o Bico do Patelo.
Elementos coma a ponte e muíños da Assureira, a ponte da Cava da Velha, a ponte vella de Castro Laboreiro e diferentes cruceiros, petos de ánimas e capelas, aportarán un importante extra neste roteiro de dificultade moderada.
As subidas e baixadas son case constantes e non conta con moita zona de sombra, co cal se recomenda evitar as horas centrais do día na súa execución. Os camiños están limpos e ben sinalizados e é, sen dúbida algunha, unha ruta que paga moito a pena e que nos achega ao modo de vida da zona. Totalmente recomendable!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *