Este percorrido circular de 10 quilómetros de lonxitude ten unha clarísima protagonista, a ponte da Misarela, tamén coñecida coma “Ponte do Diabo”. Edificada na Idade Media sobre as augas do río Rabagão, a esta construcción non lle falta nin historia, nin lenda, nin festa propia!
No que respecta á historia, foi testemuña dunha sanguenta batalla entre o exército de Napoleón e as tropas luso-británicas durante a segunda invasión francesa. E no que ten que ver coa lenda, cóntase que un fuxitivo da xustiza precisaba cruzar o río para escapar e pedíu a Deus ou ao demo que lle aparecese unha ponte. Foi o segundo o que lle concedeu o desexo a cambio da súa alma. A pesar de ter aceptado nese intre, o home arrepentiuse e foi pedir axuda a un párroco que non só o salvou a él senón tamén á propia ponte. Isto fixo correr a voz de que aló se obraban milagres e dende ahí comezou a ser visitada por parellas que non conseguían ter descendencia.
Antes da media noite acendían unha fogueira e esperaban a que pasara o primeira persoa para bautizar á criatura no ventre materno. Coa auga que se collía debaixo da ponte, celebrábase o bautismo dicindo: “ Eu te batizo criatura de Deus, pelo poder de Deus e da Virgem Maria. Se fores rapaz serás Gervásio e se fores rapariga Senhorinha. Coñecedes moitos Gervásios ou Senhorinhas pola zona? 
E se vos estades preguntando pola festa, só podo dicirvos que parece ser que conta cun entroido cando menos peculiar. Haberá que ir aló para o próximo!
O roteiro está limpo, a sinalización é mellorable e non ten dificultade técnica ningunha. En caso de querer visitar soamente a ponte pode facerse camiñando sobre un quilómetro dende a aldea de Sidrós. Espero que vos guste! 

