Trilho de Santo António de Val de Poldros. Monção. Portugal

Este fermoso percorrido circular de pouco máis de 10km ten lugar polas terras de Val De Poldros, nome que reciben da cantidade de poldr@s que alí habitan. Iso si, xa o veredes nas fotos, pero de vaquiñas tampouco se quedan atrás ❤️. E é que se eu fose vaquiña ou poldro, firmaba por pasearme por ese val sen pensalo nin un minuto.
O camiño está perfectamente sinalizado e limpo. Antes ou despois do percorrido en si, paga a pena perderse e volverse a perder entre as construccións típicas da zona.
A paisaxe, a arquitectura tradicional e esa morea de bichiños fan que o percorrido resulte de ensoño.
Iso si, non vos vou enganar. O tramo final do roteiro é bastante duro. Conta cunha subida moi pronunciada por un terreo pedregoso pero nada que non sexa asumible con tempo e paciencia. Había algún tramo con auga pero cheguei cos pés secos 🦶🦶.
Moi moi moi recomendable 🤩.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *