Trilho do Pastoreio. Pitões das Júnias. Portugal

Circular e duns 18 quilómetros de lonxitude total, visita os principais puntos de interese de Pitões das Júnias.
Partindo da aldea, a través de fermosas panorámicas que mesturan os seus picos máis altos con prados adicados ao pastoreo, achéganos ata o seu antigo mosteiro, a cascada, un espectacular foxo do lobo, a Capela de São João da Fraga, a choupana de Vergaças e a do Rebolo da Porca e á aldea vella do Juriz.
Non é un roteiro doado polas súas subidas e baixadas, pero sí bonito, interesante, ideal para descubrir a zona e deleitarse coas súas variadas paisaxes. Todo o camiño está limpo e ben sinalizado e podedes repoñer forzas a vosa volta na propia aldea de Pitões.
Encantaravos! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *