Trilho do Río Mouro. Melgaço. Portugal

Este roteiro circular de pouco máis de 18km de lonxitude, atravesa as aldeas de Cousso, Cela e Parada do Monte.
Perfectamente limpo e sinalizado, ten un pequeno tramo á saída de Cousso que en época de choivas pode ser un pouco dificultoso, pero pódese salvar pasando polas beiras do camiño oficial (cheguei cos pés secos 🤣).
Conta cunhas vistas espectaculares do río Mouro e do fermoso monte que o circunda. Hai un anaco do percorrido que ten lugar por unhas pasarelas e escaleiras de madeira que facilitan unha das subidas.
Ao outro lado do río atopamos coa capela da Senhora da Vista e uns muíños que non vos deixaran indiferentes. Todo o roteiro en sí ofrece unha panorámica excelente da contorna.
Moi recomendable ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *