Valença do Minho. Portugal

Se a fin de semana pasada vos falaba dun dos tesouros de Tui, hoxe tocou atravesar o río Minho para falarvos de outro.
A fortaleza de Valença conta con preto de 5km de perímetro amurallado dentro dos cales, ademáis dunha actividade comercial ben animada, podemos disfrutar da Igrexa de Santa Maria dos Anjos, a Igrexa de Santo Estevão, o núcleo museolóxico de Valença, o centro de Interpretación de Castelos e Fortalezas, a capela de Nosso Senhor do Encontro, a capela de San Sebastián, a capela das almas…
E iso por non falar dos seus miradoiros e baluartes. A fortificación está formada por dúas partes separadas por un foso. Recomendo facer o paseo completo ao seu arredor. As vistas son impresionantes e cada recuncho do forte ten algo diferente que ofrecernos.
Espero que vos guste ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *