Vía Nova de Santa Comba á Igrexa de Garabelos

A Vía Nova discorre dende Braga a Astorga dividíndose en diferentes etapas e sendo lineal, nun único sentido.
Este que vos explico hoxe é un tramo entre Santa Comba, que conta cun aparcadoiro onde poder deixar o coche á entrada do pobo, ata a Igrexa de Garabelos. Esta parte son pouco máis de 12km, se se fai ida e volta serían un 25km escasos.
O camiño é bo, está limpo e ben sinalizado. Tampouco conta con grandes pendentes nin tramos de dificultade. Parte de Santa Comba, onde se pode visitar a Igrexa visigótica previa petición , e pasa por Quintela, Lobosandaus, Vilela, Xordos, Nigueiroá, O Viñal e Garabelos.
Hai fonte e onde refrescarse en tódolos pobos practicamente e a zona é sombría, ideal para días de calor.
Moi recomendable 😎🏃🏃🏻‍♀️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *