Neste percorrido duns 15 quilómetros de lonxitude, coñeceremos o traballado cruceiro de Tioira, a igrexa, o cruceiro e o miliario da Eirexa, a fonte de Cimadevila e a ampla panorámica da serra que nos ofrece a igrexa da Costa. Todas elas aldeas que aínda conservan as súas construcións típicas da arquitectura tradicional galega.
A partir da Costa contamos cun ascenso moderado e mantido durante varios quilómetros que nos achega até os lugares con mellores vistas da Serra de San Mamede, prados con gando e a aldea da Xestosa, punto final desta etapa. Todo o camiño está limpo e en bo estado, aínda que carece de sinalización algunha, co cal vos deixo o meu track de ruta no Wikiloc. A súa maior dificultade radica na pronunciada subida sen sombra algunha, así que evitala nas horas máis calurosas nos días de verán. Iso sí, paga a pena facela!
Espero que vos guste! 

