Xa non é a primeira vez que vos falo desta antiga vía romana, inaugurada no ano 79 e cun trazado de 215 millas ou, aproximadamente, uns 325 quilómetros. É unha das calzadas romanas mellor conservadas, que conta no seu maxistral trazado con magníficas pontes e máis de 200 miliarios documentados. Hoxe achégovos o tramo comprendido entre Ponte Liñares e a Saínza, onde descubriremos capelas, cruceiros, petos de ánimas, miliarios, fornos comunais, airas de canastros, muíños e moitas outras xoias.
A través dunha tupida foresta que nos proporcionará boa sombra en días calurosos coma estes, coñeceremos as aldeas de Congostro, San Miguel, Penelas e A Roñoá, e tamén a maxestuosa Carballa da Rocha. Todo o camiño está limpo pero a sinalización é moi deficitaria. Déixovos coma sempre o meu track no Wikiloc que evita unha zona un pouco cuberta de maleza contra o final. A ruta conta cunha subidiña inicial levadeira seguida dunha baixada similar e despois xa carece de desnivel.
Ahí vos quedan unhas fotiños a ver que vos parecen! 

