Vía Nova ou Vía XVIII. De Bracara Augusta a Asturica Augusta. Tramo entre Zadagós e Sobradelo.

Cuns 10 quilómetros escasos de lonxitude, esta etapa dá para apreciar a arquitectura tradicional galega, que se conserva ao longo do tempo en aldeas coma Casasoá, Bobadela a Pinta, Busteliño ou Sobradelo. Airas de canastros, minas de auga, fontes – lavadoiros, igrexas e fermosas casas típicas que, a pesar do estado case ruínoso no que se atopan, convidan a imaxinar como serían anos atrás cando aínda estaban cheas de vida.
Camiños abertos, pistas con árbores e tramos de asfalto serán os que nos leven a coñecer estes lugares. Como vos dixen no tramo anterior, esta é unha proposta de ruta que se aproxima na maior medida posible ao trazado orixinal da Vía Nova, pero permitindo desfrutar ao noso paso dos principais puntos de interese máis próximos, co cal non existe ningún tipo de sinalización. Podedes seguir o meu track no perfil de “De Cabo a Rabo” do Wikiloc.
Ahí vos deixo unhas fotiños! Xa me contaredes se vos animades 🥰!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *