“Viaxar en espiral”. Allariz. Galicia.

A semana pasada tiven o pracer de coñecer a unha seguidora da páxina e intercambiar un par de ideas con ela. O caso é que dixo unha frase que me quedou na memoria e que agora me gustaría compartir con tod@s vós. “De cabo a rabo” naceu por varias razóns, entre elas, a falta de coñecemento e valor que moitas veces damos, consciente ou inconscientemente, ao que temos a beira da casa.
Pois falando sobre isto, ela mencionou que deberíamos “viaxar en espiral”, concepto que me pareceu do máis interesante. Sendo nós o punto central da espiral, coñecer primeiro o que temos ao noso redor, saber de onde vimos, a nosa historia, quen somos. Valorar o legado que os nosos antepasados nos deixaron e coidalo. E teño que dicir que concordo totalmente!
Ahí vos vai un anaquiño da miña primeira parte da espiral. Espero que vos guste! 😘

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *