Vila de Salto. Montalegre. Portugal.

Xa foron varias as ocasións nas que atravesei esta vila para dirixirme a outros lugares e sempre chamou a miña atención, así que decidín ir visitala expresamente e direivos que pagou a pena!
Casas señoriais seculares, unha fermosa igrexa matriz, longos espigueiros, cruceiros, pintorescas rúas e un agradable parque son tan só algúns dos seus encantos.
É de obrigada visita a Casa do Capitão, unha das máis importantes de Salto historicamente, transformada hoxe en día nun interesante museo que nos transporta no tempo a anos atrás dándonos a coñecer os oficios tradicionais e actividades locais máis emblemáticas. Pero este lugar, tanto pola súa historia coma polo que alberga no seu interior a día de hoxe, merece unha entrada propia, así que ahí o deixo de momento.
Partindo da propia vila podedes levar a cabo o roteiro PR 8 MTR de D. Nuno, circular e cuns 22 quilómetros de lonxitude. Está entre as miñas pendentes así que cando a leve a cabo seredes os primeiriños en sabelo.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *