Vilarinho Seco. Boticas. Portugal

Percorrendo a “Rota Norte” pola estrada nacional 103, cheguei a Boticas, lugar que ata agora descoñecía e que conta con numerosos atractivos. Hoxe vouvos falar concretamente dunha das súas aldeas, Vilarinho Seco.
A pouco máis de 20 quilómetros do centro de Boticas, atopamos este lugar no que aínda se practica a agricultura e o pastoreo e que parece terse detido no tempo anos atrás. Conserva perfectamente as súas fermosas casas de granito, muíños, fontes, tanques e espigueiros e transmite unha paz e tranquilidade sen igual.
A partir de aquí podemos seguir a ruta circular dos lameiros do Barroso, duns 10 quilómetros de lonxitude e que, no meu caso concreto, quedará para un día con mellor climatoloxía 🥶.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *